Trala entrada en vigor da nova normativa que regula o uso e a promoción la lingua galega no sistema educativo (decreto 124/2007), a Universidade de Vigo, en colaboración coas concellerías de Educación e Normalización Lingüística dos concellos de Ourense e Vigo, porá en marcha unha campaña informativa nas dúas cidades sobre as vantaxes do ensino plurilingüe á que, desde hoxe, tamén se suma a cidade de Pontevedra. Así quedou establecido na sinatura do convenio da que foron partícipes a concelleira de Normalización Lingüística, Anxos Riveiro, a concelleira de Educación, Margarita Castejón e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, quen cualificou o feito como “un elemento de colaboración moi importante que axuda a integración da institución académica na sociedade que a rodea”.
09/05/2008