Defínese como “un home do século pasado”, moi pendente do correo electrónico pero que non quere ter móbil para que “non me dean a lata”. Manuel Fernández Areal, primeiro decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, xubilouse… por segunda vez. Foi pensando nel polo que a Universidade de Vigo fixo unha lei especial na que tiñan cabida a figura do profesor emérito que permitía aos docentes continuar ata 10 anos máis dirixindo teses de doutoramento, tribunais de prazas, dando clase no Terceiro Ciclo… Para el foi unha sorte. “Non sei como é para un home que traballa en Citroën e que está desexando xubilarse para descansar, pero para un profesor universitario a xubilación é máis un trauma que unha vantaxe”, recoñece Fernández Areal. Agora, con 80 anos e máis tempo de lecer, lonxe de deixar o mundo da comunicación é un dos seus analistas máis severos.
14/12/2010