Polo xeral, a música infantil adoita resultar incluso“molesta” para os pais e nais, que deben escoitar unha e outra vez a canción favorita dos seus fillos e fillas. De esta idea quixo fuxir Susa Herrera, profesora de Didáctica Musical na Facultade de Ciencias de Educación e do Deporte co seu novo libro Animais enCantadores, que presentou en compañía de Antonia Blanco, vicerreitora do campus de Pontevedra e de Carlos Calviño, autor das melodías das cancións da obra. En palabras da súa autora, o libro CD-DVD “non é un disco infantil no sentido ñoño da palabra, hai variedade de estilos, desde o twist, pasando pola cumbia ou a rancheira”.
30/11/2010