Entre a teoría aprendida nas aulas e a práctica ante un grupo de vintecinco nenos, hai unha ponte que convén cruzar cun amplo coñecemento do que hai ao outro lado e con varias ferramentas para facelo con éxito. Coa finalidade de servir de guía nesa travesía celebráronse, este luns e martes, as xornadas Reflexións previas á actividade docente, nas que os alumnos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, pero tamén outros vencellados co mundo educativo, puideron reflexionar e comezar a formarse en capacidades como a organización dos espazos nas aulas, o emprego da voz como instrumento e non só como vehículo de comunicación, ou a adaptación de proxectos a diferentes contextos educativos.
11/11/2008