A cultura exipcia é unha das culturas antigas e que máis fascinación suscitou ao longo dos tempos. A súa historia, os seus personaxes, as súas construcións, a súa cultura ou a súa escritura xeroglífica están rodeados aínda hoxe dun misterio e dun exotismo moi atraínte para o público xeral e para o especializado. No marco deste interese, un grupo de alumnos do campus de Ourense puido este cuadrimestre introducirse nas claves dos xeróglifos e da escritura dos faraóns a través dun obradoiro de extensión cultural. O curso, de 30 horas de duración, estivo impartido por Eugenia Muñoz, unha investigadora que está a realizar a súa tese de doutoramento sobre o antigo Exipto no campus.
07/12/2012