A incidencia da enfermidade tromboembólica veosa, coñecida como trombose, é catro veces maior nas persoas que padecen cancro que na poboación xeral. Para avanzar no coñecemento desta relación e froito do seu traballo diario con pacientes con estas dúas doenzas, a médica María Carmen Hernández, xefa de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, elixiu investigar fai cinco anos se o nexo entre cancro e trombose puidera ser o chamado factor tisular (FT) circulante ou asociado a micropartículas procoagulantes (MPs), presente nas paredes dos vasos sanguíneos e noutras células. Este luns, na lectura da súa tese de doutoramento na Facultade de Ciencias do campus de Ourense, salientou que o seu traballo revela un importante papel deste factor e destas micropartículas na enfermidade do cancro pero a súa asociación coa presenza de trombose non puido ser establecida.
25/06/2012