Unha publicación, sexa un libro ou un revista, é contido pero tamén un continente. Se os escritores poñen as verbas os creadores poñen a imaxe en debuxos, tipografía, cores, composicións, etc. Para recompilar, dar a coñecer e reivindicar o papel da ilustración gráfica en Galicia, o grupo de investigación AH2 do Departamento de Arte, Historia e Xeografía da Universidade de Vigo vén de publicar o libro La ilustración gráfica en Galicia 1880-1936 e unha web cun exhaustivo catálogo de creadores e obras. Un recoñecemento para "a xente que facía que a obra de Pedraio, Risco ou Murguía vise a luz".
04/10/2011