O campus de Ourense ten unha ubicación privilexiada preto do centro da cidade, de xeito que calquera actuación que se realice nel ten unha especial repercusión na contorna. Este é o caso do Parque Medioambiental do campus, a piques de rematarse e con 50.000 metros cadrados que o converterán no futuro pulmón de Ourense e nun espazo de gran valor medioambiental e de ocio, como puideron comprobar Salustiano Mato, reitor da Universidade e Francisco Rodríguez, alcalde da cidade, nunha visita ás obras. “Este parque forma parte do Concello e dos cidadáns e nace para harmonizar os espazos universitarios coa cidade” salientou o reitor.
22/02/2011