Unha historia con final feliz. Pero, que é o que ocorre realmente detrás dos bastidores de produción? “Pois moito sufrimento”, así o revelou Fernanda del Nido, produtora do filme de ficción 18 comidas que, acompañada do seu director, Jorge Coira, foron convidados ao ciclo de conferencias Master Class Augal 2010-2011, proxecto abandeirado polo Consorcio Audiovisual de Galicia e promovido polos profesores Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández. Esta actividade supuxo a primeira proxección da película na cidade de Pontevedra, “o que dá unha idea da situación de distribución e de financiamento das pezas de autor”, recalcou Fernández.
15/03/2011