Avós e netos teñen nestes momentos algo máis en común, a emigración. Esta foi a idea que reflectiron seis alumnos e alumnas do último curso de Comunicación Audiovisual nun documental que presentaron ao concurso Soy joven, soy europeo, no me paro, promovido pola Unión Europea para a promoción de emprego entre as novas xeracións. Tal foi o enfoque orixinal da peza que o xurado do concurso, na súa edición en Vigo, decidiu premiar ao alumnado cunha dotación de 500 euros, “supomos que polo noso cambio de visión, cunha perspectiva distinta e moi próxima á realidade galega”, explica Iria Bello, unha das alumnas.
04/06/2012