DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Consello do Estudantado da UVigo demanda representación autonómica para o alumnado

O Ceuvi reitera a súa reivindicación dun Consello do Estudantado Universitario Galego

Xunto aos consellos de USC e UDC tamén piden a inclusión no Consello Galego de Universidades 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Vigo
  • Asociacións de Estudantes
  • Estudantes
DUVI 15/12/2025

O Consello do Estudantado da Universidade de Vigo (Ceuvi), xunto aos seus homólogos das universidades de Santiago e A Coruña, reitera a súa reivindicación da creación dun Consello do Estudantado Universitario Galego (Ceugal), así como a inclusión dos órganos de representación do alumnado no Consello Galego de Universidades. A proposta, que conta co apoio dos reitores das tres institucións académicas galegas, foille trasladada, segundo confirman os consellos de estudantado, á Secretaría Xeral de Universidades o pasado mes de maio, nunha xuntanza telemática, e desde entón “non  chegamos a recibir noticias, polo que nos vemos na obriga de reivindicar novamente, de forma activa,  constitución do Ceugal, e a nosa inclusión no Consello Galego de Universidades”, explican os responsables dos consellos do estudantado, que recentemente celebraban unha xuntanza en Santiago.

Ademais de para que a Secretaría Xeral de Universidades e a Xunta coñezan as necesidades e reivindicacións do estudantado, como ocorre noutras comunidades autónomas, os consellos de estudantado de UVigo, USC e UDC consideran imprescindible a creación de Cuegal, para contar con outro voto no Consejo de Estudiantes Universitario del Estado, órgano de participación do alumnado no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. “Ademais Ceugal ten o obxectivo de cohesionar o estudantado galego das tres universidades públicas, favorecendo a coordinación entre campus, o intercambio de información e a defensa conxunta de intereses económicos e sociais.

Os consello de estudantado considera que o ocorrido durante as negociacións para a descentralización do Grao en Medicina, proceso no que non se contou coa participación do alumnado, “dándolle prioridade aos intereses políticos das universidade e da Xunta”, reforza a súa demanda da necesidade de crear un órgano de resentación autonómico.

As razóns do Ceuvi 

“Desde Ceuvi consideramos imprescindible a creación deste consello galego porque a lexislación actual o permite e os estudantes estamos representados na universidade e no Ministerio co Ceuvi e no Ceune, pero non na autonomía, que ten as competencias e toma decisións que nos afectan enormemente”, explica Juan Santos, presidente do Consello do Estudantado da UVigo.

Considera ademais o responsable de Ceuvi que “sendo ademais os estudantes a maioría de membros do colectivo universitario, queremos que se nos recoñeza esa presenza e con iso a nosa opinión a nivel autonómico”. Así mesmo, lembra Santos que “hai exemplos de que este órgano foi unha boa ferramenta para certas reivindicacións, como elemento de coordinación e como altofalante e aquí tamén o chegará a ser”.