DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O alumnado convocou un paro de dez minutos

Educación e Traballo Social concéntrase en solidariedade coas vítimas da dana

O acto tivo lugar entre os edificios de Ferro e Politécnico

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Institucional
DUVI Ourense 13/11/2024

Alumnado e profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense realizou este mércores un paro de dez minutos en solidariedade coas vítimas e persoas afectadas pola dana. O acto tivo lugar entre os edificios Politécnico e de Ferro e foi convocado polas delegacións de alumnado dos catro graos que ten o centro (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social e Traballo Social). Nel leuse un manifesto no que se amosaba o apoio ás vítimas do acontecido, ás súas familias e á sociedade afectada e se destacaba a importancia de que que o alumnado tome conciencia do acontecido, reflexione sobre el e teña unha actitude crítica. Durante o paro, ao que asistiron tamén Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Isabel Mociño, decana da citada facultade, gardouse un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas.