DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No último encontro desta fase que disputará na casa

O equipo de rugby acadaba unha vitoria fronte a Pasek Belenos

O Club Natación Escualos Campus da Auga consegue bos resultados na terceira xornada de liga

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 22/03/2021

O Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou este sábado na casa un novo encontro da División de Honra B do rugby estatal. Nesta segunda fase da competición, na que compiten os seis primeiros clasificados do seu grupo, os ourensáns acadaron unha vitoria por 48-33 fronte a Pasek Belenos. Pola súa banda, o Club Natación Escualos Campus da Auga conseguiu tamén bos resultados na terceira xornada de liga disputada o domingo.  

Competicións da fin de semana

Desde o club de rugby sinalan que foi “unha boa despedida do Campus Universitario Ourense no seu último partido na casa desta fase”. Do encontro disputado comentan como o Pasek Belenos pelexou durante todo o encontro e que foi “un bo partido en xeral”, destacando de xeito especial o traballo de Kalolo Tuiloma, con tres ensaios, e de Jerry, Joe, Jeff e Maka.

Polo que respecta a natación, o Club Natación Escualos Campus da Auga competiu o domingo na piscina Álvaro Pino, en Ponteareas, na terceira xornada da Liga Galega Máster. Segundo indican desde o club, participou case unha vintena de deportistas en 400 estilos, 50 libre, 100 bolboreta, 50 costas e 200 braza. “A xornada foi moi boa para nós. Seguimos na segunda posición da clasificación provisional dunha liga galega na que participan 24 clubs e da que só quedan dúas xornadas para finalizar. Cada día que pasa os nosos nadadores póñense máis a punto para a cita máis importante da tempada, o Campionato Galego do mes de xuño”, apuntan desde Escualos, que agradecen á Federación Galega de Natación e ao CN Ponteareas a organización da competición celebrada esta fin de semana.