DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os ourensáns perderon 24-40 no partido disputado na casa o domingo

O equipo de rugby arranca a segunda fase da liga cunha derrota ante Gaztedi RT

Nesta quenda compiten os seis mellores clasificados do seu grupo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 08/03/2021

Despois de rematar a primeira fase da liga no sexto posto do seu grupo, o Campus Universitario Ourense Rugby Club arrancou este domingo a súa participación na segunda quenda, na que compiten os seis mellores equipos do grupo A da División de Honra B do rugby estatal. Foi nun encontro disputado nas instalacións deportivas do campus de Ourense e no que perderon 24-40 fronte a Gaztedi Rugby Taldea. Desde o club sinalan que a vitoria neste arranque da segunda fase da liga “non puido ser”, destacando como o equipo estivo minguado polas baixas e como o Gaztedi Rugby Taldea xogou “un bo encontro”. Durante o partido gardouse un minuto de silencio en memoria do que foi xogador do Campus Universitario Ourense Rugby Club Ariel Fuentes.