DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Logo dun ano marcado polas lesións e as baixas

O equipo de tenis + 35 da UVigo manterase un ano máis na División de Honra 

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 23/12/2020

O equipo de tenis +35 da Universidade de Vigo rematou tempada, logrando o principal obxectivo, manterse outro ano máis na máxima categoría, a División Honra. Tras un ano complicado marcado polas lesións e as baixas, o equipo foi quen de manter a categoría logo de derrotar por 3-4 ao Tenis Cangas, como equipo visitante no Campionato Galego +35.

Tras gañar os partidos 5, 4 e 3 e aínda que perderon o 2 e 1, coa marxe dun punto por diante, o equipo da UVigo fixo dobres forte, número dous, xuntando os números 5 e 4, e logrando así o punto definitivo. Alejandro Vega, Pablo Romero, Lois A. Gonzalez, Jorge Comesaña e Antón Diaz, lograban deste xeito manter ao equipo na máxima división e “con moitas expectativas de poder loitar polo titulo, se pode contar coas novas incorporacións case toda a tempada”, explica Jorge Comesaña, capitán e adestrador dos equipos, que agradece a todos os xogadores que contribuíron a acadar este resultado: Alejandro Vega, Pablo Romero, Jorge Eiras, Lois Anxo Gonzalez, Jorge Comesaña (capitán), Jose Manuel Vilas, Jaime Sieres, Jorge Millos, Antón Diaz e Manuel José Da Silva.

Rematada esta competición, en breve comezará o Campionato Galego Absoluto por equipos, no que a UVigo ten tres equipos: o feminino e masculino A, que disputan a máxima categoría, ouro, e o equipo B, que está na división de prata.