A información diaria volverá co inicio do curso
Remata o curso e, como cada ano, o Duvi (Diario Dixital da Universidade de Vigo) interrompe por unhas semanas a súa publicación diaria. Mentres tanto, e salvo no período de peche das instalacións universitarias entre o 4 e o 19 de agosto, seguiremos a disposición tanto da comunidade universitaria, para darlle cobertura aos eventos que poidan xurdir e que sexan de interese divulgativo, como dos medios de comunicación para atender as súas peticións.
A publicación diaria de noticias retomarase co comezo do novo curso académico no mes de setembro.