DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As pezas do seu primeiro disco ‘Aire!’ centraron a súa actuación no Teatro Principal

As músicas de raíz de Caamaño e Amexeiras pechan o programación de concertos do campus neste 2021

Estiveron acompañadas pola violoncelista Margarida Mariño

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Música
  • Cultura
DUVI Pontevedra 03/12/2021

Como “un berro exaltado, entusiasmado, de explosión e catarse colectiva” presentan a acordeonista Sabela Caamaño e a violinista Antía Ameixeiras o seu primeiro disco, Aire!, que na noite deste xoves centrou o concerto que ofreceron no Teatro Principal, no marco do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus impulsou xunto coa Concellaría de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio de colaboración. As diferentes pezas que Caamaño & Ameixeiras reuniron nesta gravación, “unha amalgama de composicións propias e coidados arranxos” que ofrece “unha aproximación a distintas músicas e bailes populares, tendo sempre a Galicia como punto de orixe e retorno”, centraron o repertorio dunha actuación na que estiveron acompañadas pola violonchelista Margarida Mariño. 

Impulsado en 2018 por Sabela Caamaño, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña, recoñecida con diferentes premios musicais ao longo da súa traxectoria, e a violinista Antía Ameixeiras, integrante tamén do grupo Lúar na Lubre, este dúo lanzou neste 2021 o seu primeiro disco, no que ademais de Mariño, participan tamén artistas como Silvia Pérez Cruz, Fetén Fetén ou Abraham Cupeiro. A súa actuación deste xoves no Teatro Principal constituía a terceira sesión, a última programada para o presente 2021, do ciclo Música para reCREAr, que arrincou o pasado mes de outubro cun concerto do Grupo Dous e continuou a pasada semana coa actuación do grupo de jazz Alfonso Medela Trío.