DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Coas conferencias impartidas no Café Moderno por dous alumnos do Programa para Maiores

Pontevedra acolle o arranque do ciclo ‘Embaixadores da ciencia de do coñecemento’

Centradas na cooperación entre nacións e no sendeirismo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Divulgación
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 16/06/2022

Inserido no plan anual Ciencia de ida e volta da UCC+i da Universidade de Vigo e financiado pola Fecyt, do Ministerio de Ciencia e Innovación, o ciclo Embaixadores/as da ciencia e do coñecemento propón achegar á cidadanía o saber e experiencias do alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) a través dunha serie de conferencias de carácter divulgativo en cafeterías e bares. Na noite deste mércores esta iniciativa botou a andar no Café Moderno de Pontevedra, cos dous primeiros relatorios, que os estudantes do PUM realizan co asesoramento de persoal investigador da Universidade. No primeiro deles, José Moure puxo o foco na “alianza de nacións” e na cooperación entre estados a través de organismos como a ONU, a OTAN ou a Unión Europea. Para desenvolver esta conferencia, contou co asesoramento do profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Luis Velasco, mentres que o tamén docente deste centro e coordinador do PUM no campus, Iván Martínez, exerceu como mentor de Juan José Meilán, responsable do segundo dos relatorios, centrado na súa experiencia practicando senderismo e os beneficios de camiñar para a saúde.

Tras esta xornada, a seguinte cita deste ciclo será o 20 de xuño en Ourense, pechándose o ciclo o mércores 22 en Vigo, con dúas conferencias.