DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A institución organiza entre o seu alumnado unha selección virtual 

Queres participar na campaña de comunicación 2021 da UVigo?

As persoas interesadas poderán presentarse ata o vindeiro xoves 15 de abril 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 12/04/2021

Tres estudantes da UVigo, de entre 18 e 22 anos, poderán participar na campaña de comunicación 2021 da institución académica viguesa, que pon en marcha, ata o vindeiro xoves 15 de abril unha selección virtual entre o seu alumnado. Concretamente, para a vindeira campaña de comunicación a UVigo busca unha muller, un home e unha muller ou un home que nade ben, preferentemente estudante do Grao en Educación Física e do Deporte ou integrante dalgún club de natación.

As persoas interesadas en participar na nova campaña de foto e vídeo deberán enviar, a través dalgunha das redes sociais da UVigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram) unha mensaxe privada na que figure: nome e apelidos, titulación que cursa, idade, unha fotografía e un número de teléfono de contacto. As mensaxes poderán remitirse ata as 14.00 horas do xoves 15 de abril.

Unha vez realizada a selección das tres persoas que participarán na nova campaña, a gravación das imaxes e a realización da sesión de fotos terá lugar no campus de Vigo.