DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Diego e Germán Pérez obtiveron o primeiro posto nas categorías masculino 16 e 45

Seis membros do equipo de orientación da Universidade acadan o podio na terceira proba da Liga Galega

A xornada celebrouse o sábado no municipio lucense de Abadín

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 19/04/2021

A Terra Chá acolleu esta fin de semana a terceira proba da Liga Galega de Orientación a Pé, cunha participación de 274 persoas, 17 delas pertencentes á Universidade de Vigo. Nun terreo caracterizado polas complicacións técnicas derivadas da ausencia de elementos referenciais significativos, o equipo da UVigo obtivo resultados positivos grazas ao bo uso do compás, a concentración e a correcta interpretación dos mapas.

Ademais dos primeiros postos de Diego Pérez (masculino 16) e Germán Pérez (masculino 45), outros catro corredores da UVigo conseguiron subir ao podio: Julia Pérez (feminino 14) e Begoña Crespo (feminino 45) acadaron o segundo posto nas súas categorías, mentres que Ana Iglesias (feminino 40) e José Luis Armada (masculino 45) ocuparon a terceira posición. Por outra banda, Sabela Pérez (feminino 12), Isabel Pastoriza (feminino 35), Vicente Pastoriza (masculino 40) e Enrique Fuertes (masculino 45) estiveron a piques de subir ao podio cos seus cuartos postos. 

A próxima cita da liga será o 24 de abril no municipio coruñés de Paderne, na comarca de Betanzos. De cara a esta proba, José Luis Armada, coordinador do equipo, avanza que os corredores universitarios viaxarán con “toda a motivación para mellorar o rendemento e, sobre todo, para gozar da natureza coa práctica deste magnífico deporte”.