DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Organizado pola Universidad Pablo Olavide en Sevilla 

A UVigo acada tres medallas de bronce individuais e outra por equipos mixtos no CEU de Halterofilia

No CEU de campo a través, as participantes lograron un 13º e un 19º posto

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Transferencia
DUVI 09/03/2026

O equipo da UVigo desprazado ao Campeonato de España Universitario de Halterofilia disputado en Sevilla logrou tres medallas de bronce individuais en -79Kg, -63 kg e -77 kg e outra por equipos mixtos e un cuarto posto en -58 kg. 

No campionato organizado pola Universidad Pablo Olavide, Aldara Pazos, estudante do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional, acadou o bronce en -63kg; Valentina Marcuello, estudante do Grao en Enxeñaría Biomédica, bronce en -77kg e Javier Cancelas, alumno do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, bronce en -79kg. Tres metais aos que a UVigo sumou un cuarto por equipos mixtos e un cuarto posto en -58kg acadado por Lucía Santos, estudante do Grao en Enxeñaría Mecánica.

CEU de Campo a través

Pola súa banda a representación da UVigo no CEU Campo a través celebrado en Jaén logrou un 13º posto, a cargo de Estela Díaz, estudante do Grao en Enxeñaría Biomédica, e un 19º posto de Ainoa Gontán, estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.