DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Manteranse os efectivos precisos para a prestación de servizos esenciais

A UVigo pecha por vacacións entre o 4 e o 18 de agosto

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 19/08/2025

Dende o día 4 e ata o 18 de agosto, ambos incluídos, os centros, dependencias e instalacións da Universidade de Vigo permaneceron pechados coincidindo co período de vacacións de verán. Este martes, día 19, volveron abrir todas as instalacións e centros, aínda que con horario reducido de verán de 09.00 horas a 14.00 horas. En setembro retomaranse os horarios habituais e o curso académico arrancará o 8 de setembro. Previamente, os días 3, 4 e 5 de setembro, celebraranse nos tres campus da institución académica as xornadas de benvida ao alumnado que este curso comeza a súa vida académica.

O obxectivo deste peche estival, que se puxo en marcha por primeira vez en 2019, é avanzar no compromiso coa sustentabilidade e a loita contra o cambio climático por parte da institución académica viguesa e do seu persoal. A pesar do peche xeralizado, si se mantiveron uns efectivos mínimos para a prestación de servizos esenciais, con tres técnicos no CACTI, dous no Animalario do CINBIO, dous no CIM, un na Unidade de Servizos Xerais de Apoio e tres na Área de Tecnoloxías da Comunicación e Información (ATIC).

A información diaria do Duvi regresará en setembro

Durante o mes de agosto, como vén sendo habitual, o Duvi (Diario Dixital da Universidade de Vigo) tamén interrompe a súa publicación diaria. Non obstante, seguimos a disposición tanto da comunidade universitaria como dos medios de comunicación. A publicación diaria de noticias retomarase co comezo do novo curso académico no mes de setembro.