DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A misión espacial biolóxica da UVigo iniciada hai case cinco anos, agarda o seu lanzamento

UVigo SpaceLab renova o apoio de Zona Franca ao proxecto BIXO

Representantes do alumando reuníronse co delegado do Estado, David Regades

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Asociacións de Estudantes
  • Estudantes
DUVI 13/03/2026

O desenvolvemento dun estudio estatístico de sensores de radicación; o testeo e validación da cámara que o satélite levará a bordo para enviar información á Terra; a montaxe da estación terrea; e a ensamblaxe e preparación do lanzamento desde China. Estes son os próximos fitos que o proxecto BIXO, Bacteriological Intercommunication eXperiment in Orbit, desenvolvido por UVigo SpaceLab ten que enfrontar antes do seu lanzamento ao espazo, que se producirá nunha data aínda por determinar.

Uns cincuenta estudantes da UVigo traballan neste intre na misión BIXO, que arrancou hai case cinco anos, un CubeSat de dúas unidades levará a bordo unha carga biolóxica para estudar como a microgravidade e a radiación afectan aos procesos de comunicación bacteariana. Nas últimas horas, unha representación de UVigo SpaceLab reuníase co delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, a quen trasladaron os avances e próximas accións a desenvolver no proxecto que será lanzado ao espazo pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento (CSAC) a bordo dun foguete Longa Marcha ou Smart Dragon Series, logo que UVigo SpaceLab gañase o primeiro posto no Space Universities CubeSat Challenge (SUCC), organizado conxuntamente coa Federación Internacional de Astronáutica (IAF). 

Estudo da exposición do ambiente espacial en organismos vivos

Guillermo Calvo, presidente de UVigo SpaceLab e director técnico do proxecto e Daniel Collarte e Alejandro García, en representación do alumnado que neste momento integra o equipo, lembraron que esta misión espacial biolóxica poñerá en órbita un cultivo de bacterias almacenadas en tarxetas microfluídicas nunha cámara presurizada, co obxectivo de estudar os efectos da exposición prolongada ao ambiente espacial en organismos vivos. 

O delegado do Estado na Zona Franca gabou o traballo que desenvolven as e os integrantes de Uvigo SpaceLab “que nos seguen da demostrar o seu enorme talento, innovación, vocación por la investigación e a súa capacidade de traballo en equipo. A canteira está asegurada e iso é grazas á excelencia da Universidade de Vigo, que segue a ser unha referencia”, dixo David Regades, que avanzou que o CZFV renovará o seu apoio ao proxecto.