DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Amplíase durante as noites, festivos e fins de semana

Xa está en marcha o horario especial de apertura das bibliotecas

Para facilitar a preparación dos exames do segundo cuadrimestre

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 09/05/2025

Co obxectivo de facilitarlle ao estudantado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre e tamén das probas de avaliación da segunda convocatoria, a Universidade de Vigo xa puxo en marcha o calendario de aperturas especiais das bibliotecas centrais dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo e da biblioteca de Torrecedeira. Estas catro instalacións ampliarán o seu horario tanto polas noites como nas fins de semanas e festivos ata o 13 de xullo.

No que se refire ás noites, as bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira amplían o seu horario ordinario ata a 01.00 da madrugada de luns a venres, agás festivos, ata o 30 de xuño.  Do 1 ao 11 de xullo (10 de xullo en Pontevedra) o horario ampliarase ata as 00.00 h.
Por outra banda, os sábados e domingos ata o 13 de xullo (máis o festivo do 11 de xullo en Pontevedra), as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira abrirán en horario ininterrompido de 09.00 horas a 21.00 horas.

Durante estes horarios de fin de semana as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos etc.

As bibliotecas dos centros, con horario habitual

Durante este período, o resto das bibliotecas das escolas e facultades dos campus (Belas Artes, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Filoloxía e Tradución, Enxeñaría Industrial-Minas, Enxeñaría de Telecomunicación e edificio de Ciencias Experimentais) continuarán co horario habitual de 08.30 h a 20.45 h.