Acto académico de San Tomé de Aquino 2023

UVigo - Comunicación 23/01/2023

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria ao acto académico da festividade de San Tomé de Aquino.

A cerimonia terá lugar o venres 27 de xaneiro de 2023, ás 12.00 h, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

No transcurso do acto entregaránse os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de mestrado e os Premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2021/2022

Cómpre que as persoas interesadas en asistir ao evento confirmen a súa asistencia por teléfono (986 813 618) ou por correo electrónico (protocolo@uvigo.gal) ata o 24 de xaneiro, ás 14.00 h.

O acto poderá seguirse en directo a través da canle 1 de UVigo TV.

Lembrámosvos que ese día permanecerán pechadas todas as instalacións dos tres campus.

 

Novas relacionadas

 

 

Máis información:

Secretaría do reitor
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 618
protocolo@uvigo.gal