PUNTOS DE EMISIÓN NOS TRES CAMPUS
Aínda non tes a túa tarxeta universitaria intelixente virtual?
Se aínda non tes a túa tarxeta universitaria intelixente virtual, de seguido explicámosche como e onde a podes obter:
Como?
Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:
- Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).
- Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor
Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:
- Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.
- Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta.
- Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS.
- Achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos terás a túa tarxeta universitaria intelixente virtual.
As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.
Onde e cando?
Poderás solicitar a túa TUI nas seguintes oficinas de asistencia en materia de rexistro. Cómpre pedir cita previa por teléfono ou por correo electrónico.
Campus de Vigo
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. +34 986 813 902
rexistroxeral@uvigo.gal
Horario: de 9.00 a 14.00 h
Campus de Pontevedra
Escola de Enxeñaría Forestal
A Xunqueira
36005 Pontevedra
Tel. +34 986 801 955
rex-pont@uvigo.gal
Horario: de 9.00 a 14.00 h
Campus de Ourense
Edificio Administrativo
As Lagoas
32004 Ourense
Tel. +34 988 387 103
rex-our@uvigo.gal
Horario: de 9.00 a 14.00 h