Manuais e plan de continxencias
Exames
Manual de urxencia para a docencia e a avaliación
Compartimos coa comunidade universitaria un documento redactado polo equipo de goberno que pretende axudar o PDI a modificar as guías docentes das materias para adaptalas á situación provocada pola pandemia da COVID-19. Para elaborar este manual, tiveronse en conta as achegas dos decanatos e das direccións dos centros así como as das representacións do estudantado.
Manual para a realización de exames non presenciais a través de Moodle e Campus Remoto
Velaquí o 'Manual para a realización de exames non presenciais a través de Moodle e Campus Remoto' redactado polo profesor Carlos López Ardao a quen lle damos as grazas polo seu traballo.
Plan de continxencias para as probas de avaliación
As probas de avaliación en liña poden presentar imprevistos técnicos que se deben resolver do modo máis breve posible e sen que o estudantado se vexa prexudicado. Como medidas que intentan paliar estas situacións propoñémosvos o seguinte plan de continxencias:
A continuación poñemos á vosa disposición un formulario para rexistrar as incidencias que teñan lugar durante as probas de avaliación telemáticas: