Manual de identidade corporativa
Para responder os actuais desafíos da comunicación, a Universidade de Vigo presenta unha renovación da súa identidade corporativa.
A actualización do Manual de identidade corporativa gráfica ten como propósito definir as liñas visuais condutoras da imaxe da Universidade de Vigo. Establece normas co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución e, ao mesmo tempo, facilitar o labor das persoas que elaboran estes documentos, mediante a achega de recursos gráficos que serán empregados tanto no ámbito externo coma interno.
O estilo gráfico da Universidade de Vigo acompañará sempre as comunicacións de acordo con este manual de identidade corporativa. En ningún caso se poderán modificar os deseños proporcionados pola Área de Imaxe.
Máis información:
Área de Imaxe
Local A11, Centro Comercial da Cidade Universitaria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
imaxe@uvigo.gal
+34 986 813 411




