Plan de actividades da UCC+i 2025/2026

UVigo - Comunicación 10/10/2025

A UCC+i presenta o seu quinto plan anual de actividades ‘Ciencia de ida e volta‘ para o curso 2025/2026.

Este plan conta cunha programación estable de actividades para a promoción e a difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Con este propósito levaranse a cabo diversas accións para poñer en valor a ciencia e promover a difusión da investigación realizada na Universidade de Vigo.

Con este proxecto búscase espallar a cultura científica na sociedade, contribuír a unha ciencia máis aberta e inclusiva, involucrando a cidadanía na toma de decisións e na participación no procedemento científico.

Nesta quinta edición, trataranse novos retos, colaborando con sectores da poboación pouco habituais neste tipo de accións e cun amplo abano actividades:

  • Formación sobre divulgación para o persoal investigador
  • Día da Ciencia en Galego
  • Día Mundial da Pesca
  • Actividades 11F | A muller e a nena na ciencia
  • Día Mundial do Teatro e homenaxe a Agatha Christie | Misterio na biblioteca
  • Resto cero
  • A beleza do natural
  • Feira científica | A ciencia que vén
  • Embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento

Para a realización deste plan, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Web de Ciencia de Ida e Volta

 

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal