Como presentar unha reclamación?

UVigo - Comunicación 06/05/2020

Á petición das representacións e das delegacións de estudantes, lembrámosvos a secuencia e o procedemento para presentar formalmente as vosas reclamacións e as vosas suxestións relacionadas co desenvolvemento da docencia e da avaliación: 

 

  1. Co profesorado implicado
     
  2. Coa dirección ou o decanato do voso centro 
     
  3. Coa Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria 

 

As reclamacións dirixidas aos decanatos e ás direccións dos centros poderanse realizar a través do correo electrónico:
 

centros

 

Perante a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, as reclamacións faranse a través da caixa de queixas, suxestións e parabéns mediante o formulario habilitado para o efecto. 


Formulario

 

Asemade, compartimos os modelos que o Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi) pon á disposición de todo o estudantado para para axudarvos a redactar as vosas reclamacións ante algunhas das problemáticas máis recorrentes neste momento.


Modelos