Información e vídeo explicativo

Recollida das mostras para as PCR mediante saliva

UVigo - Comunicación 01/10/2020

 

A partir do xoves 1 de outubro o PAS, o PDI e o persoal contratado terán á súa disposición na conserxaría do seu centro o material para a recollida das mostras para as PCR mediante saliva.

  • Recollida do tubo: 1, 2 e 5 de outubro, de mañá e de tarde
  • Entrega do tubo: 6 de outubro, de mañá e de tarde

Para a entrega dos tubos, no exterior das conserxarías habilitarase unha mesa con pousatubos onde o persoal depositará a súa mostra.

 

Fase Desenvolvemento Data
1. Recollida dos tubos Nas conserxarías dos centros, o persoal anotará nas listaxes as persoas que recollen os tubos. 1, 2 e 5 de outubro, de mañá e de tarde
2. Rexistro das mostras A través da aplicación https://poolingvigo.com/ 6 de outubro
3. Entrega das mostras No exterior das conserxarías disporase unha mesa con pousatubos onde as persoas depositarán a súa mostra. 6 de outubro, de mañá e de tarde
4. Embalaxe dos pousatubos Unha vez finalizada a entrega das mostras e computadas todas elas, o persoal das conserxarías introducirá os pousatubos nunha caixa. No exterior das caixas anotarase o números das mostras entregadas en cada centro. No caso de sobrar tubos ou pousatubos, introduciranse noutra caixa. 7 de outubro. As caixas deberán estar listas ás 9.30 h como moi tarde
5. Recollida e traslado das mostras

O persoal do parque móbil recollerá nos centros dos tres campus as caixas coas mostras para trasladalas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Se é o caso, recollerá as caixas cos tubos e cos pousatubos sobrantes.

7 de outubro