Selección virtual para a campaña de comunicación 2021

UVigo - Comunicación 09/04/2021

A Universidade de Vigo organiza unha selección virtual para a súa nova campaña de comunicación (vídeo e fotografía).

Buscamos tres estudantes de entre 18 e 22 anos: 

  • Unha muller
  • Un home
  • Unha muller ou un home que nade ben, preferentemente estudante do Grao en Educación Física e do Deporte ou membro dalgún club de natación.

A gravación e a sesión de fotos terán lugar no campus de Vigo.

Para participares, envíanos a través dalgunha das redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram) unha mensaxe privada coa seguinte información:

  • Nome e apelidos
  • Titulación na que estás matriculado/a
  • Idade
  • Fotografía
  • Número de teléfono para chamarte

Poderás participar ata o 15 de abril, ás 14.00 h.

 

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo e en ningún caso serán cedidos, agás os datos das beneficiarias e beneficiarios que consentiron a publicación dos seus nomes nas redes sociais.

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar a selección das persoas participantes  e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal