A UVigo regala 25 entradas para o OUR FEST Xacobeo 2022

UVigo - Comunicación 15/09/2022

A Universidade de Vigo sortea 25 entradas dobres para a primeira edición do OUR FEST Xacobeo 2022 que terá lugar en Ourense o día 17 de setembro. 

 

 Queres saber como gañar unha?

  • Sigue a conta de Instagram do campus de Ourense e cubre o formulario que se atopa máis abaixo.
  • Poderán participar os membros da comunidade universitaria ata o venres 16 de setembro ás 10.00 h.
  • O venres 16 de setembro, a partir das 12.00 h, a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará na web e nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron.
  • Se es unha das persoas afortunadas recibirás a túa entrada dobre no enderezo electrónico rexistrado.

Formulario de participación

Á vista da gran participación da comunidade universitaria no sorteo e grazas á colaboración da organización do festival, a Universidade de Vigo sorteou finalmente 30 entradas dobres. Velaquí o nome das persoas gañadoras:

  • Agustín Suárez Martínez
  • Ariadna Domínguez 
  • Eliana Goldur Golidgur Lawrynowicz 
  • Martín Rodríguez Cudeiro
  • Alba Guzmán Falcón
  • Mónica López
  • Rosa Pérez Gregorio
  • Sonia Iglesias Cimadevila
  • Diana Beatriz Míguez Yanes 
  • Noelia Costoya Rosende
  • Raúl Sarmiento Meixeiro
  • Raquel Pérez Orozco
  • María Jesus Llevot Sánchez
  • Inmaculada de la Calle González 
  • Estefanía Carolina López Silva
  • Carlota Freiría Cordero
  • Raquel Rey Vilas
  • Diego Alonso Fernandez 
  • Rosana Fernandez Rodríguez 
  • Rocío Rodriguez 
  • Enrique Barreiro Alonso
  • Raúl Valencia Posada
  • Marta Abal Vaquero 
  • Damián Costas Costas
  • Vicente Rodriguez Lopez
  • Eduardo Calzado
  • Daniele Tommasini
  • Mar Nieves Fernández 
  • Maria Otero Villamarin 
  • Jose Jato Darriba

Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que participaron!

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. 

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das entradas para o OUR FEST Xacobeo 2022 e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal