VI Plan de actividades da UCC+i 2026/2027

UVigo - Comunicación 14/10/2026

A UCC+i presenta a sexta edición do seu plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2026/2027. Este plan conta cunha programación estable de actividades para a promoción e a difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Con este propósito levaranse a cabo diversas accións para pór en valor a ciencia e promover a difusión da investigación realizada na Universidade de Vigo.

Con este proxecto búscase fornecer a sociedade de cultura científica, contribuír a unha ciencia máis aberta e inclusiva, involucrando a cidadanía na toma de decisións e na participación no procedemento cientítico. Nesta edición trataranse novos retos, colaborando con sectores da poboación pouco habituais neste tipo de accións e cunha ampla diversidade nas actividades:

  • Formación sobre divulgación para o persoal investigador
  • Día da Ciencia en Galego
  • Actividades 11F | A muller e a nena na ciencia
  • Xira Quero ser investigadora
  • Día Mundial da Xustiza Social
  • Día Mundial da Saúde
  • Día Internacional da Terra
  • Feira científica | A ciencia que vén ten nome de muller
  • Embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento

Para realizar este plan, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Web de Ciencia de Ida e Volta

Novas relacionadas

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal