Vicerrectorado de Investigación

Manuel Martínez Piñeiro

 

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse á Universidade de Vigo en 1995, onde desenvolveu toda a súa carreira académica. É catedrático no Departamento de Física Aplicada e na actualidade coordina o grupo de investigación FA2.

Ao longo da súa traxectoria impartiu docencia en distintas titulacións das ciencias experimentais e da enxeñaría, así como en programas de mestrado e doutoramento, o que lle permitiu adquirir unha visión ampla do ámbito universitario e establecer numerosas colaboracións.

A súa actividade investigadora céntrase na física de fluídos complexos e, máis recentemente, na simulación molecular computacional de materiais para a captura e almacenamento de gases como o dióxido de carbono ou o hidróxeno. Grazas a esta actividade participou en proxectos financiados, dirección de teses doutorais, publicacións en revistas internacionais e unha intensa actividade internacional con estadías en diversos países.

No ámbito da xestión universitaria desempeñou diferentes responsabilidades, entre elas secretario da Facultade de Química, director de departamento e coordinador de programas de doutoramento. Ademais, participa activamente na Real Sociedade Española de Física, onde preside o Grupo Especializado de Termodinámica e a Sección de Galicia.

  • O deseño e implantación de políticas que fomenten a investigación de excelencia.
  • A promoción, planificación, avaliación e recoñecemento das actividades de investigación en todos os ámbitos da Universidade de Vigo.
  • As relativas á biblioteca universitaria e ao Servizo de Publicacións.
  • As correspondentes aos grupos de investigación, institutos universitarios e centros de investigación, en coordinación coa Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social.
  • As relacionadas coa participación da universidade nas convocatorias externas de axudas á investigación.
  • A proposta, formalización e seguimento institucional dos proxectos de investigación de ámbito autonómico, estatal e internacional.
  • As correspondentes á Oficina de Proxectos Internacionais e ás relacións institucionais con organismos, redes e centros de I+D no ámbito das competencias delegadas.
  • A planificación, coordinación e execución das políticas e actuacións vinculadas ao Campus do Mar, así como a coordinación coas respectivas vicerreitorías de campus para o desenvolvemento e a coherencia das políticas de investigación nos campus de especialización Auga e Crea.
  • As relacionadas coas redes universitarias e científicas internacionais vinculadas ás competencias obxecto de delegación.
  • As referidas á convocatoria de axudas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e aos seus procedementos derivados.
  • A supervisión e o apoio ao desenvolvemento, seguimento, modificación e certificación dos procedementos de aseguramento da calidade da investigación.

Yolanda Faro Chamadoira
Secretaría
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

 

 

Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal