Enquisas de avaliación da satisfacción coas titulacións curso 2019/2020

UVigo - Calidad 06/03/2020

Ata o 31 de maio permanecerá aberto o prazo para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción coas titulacións de grao e mestrado do curso 2019/2020.

Poderán realizar a enquisa os seguintes estudantes:

  • Estudantes de grao que se matriculen por primeira vez nunha materia de 3.º  
  • Estudantes de mestrado que se matriculen por primeira vez 

A enquisa é anónima e confidencial e para realizala está habilitada unha plataforma informática na secretaría virtual.

enquisa

Animámosvos a contestar ás preguntas da maneira máis sincera e responsable posible, xa que é unha fonte de información fundamental para mellorar as vosas titulacións.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 818 641
​​​​​​areadecalidade@uvigo.es