DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nunha conferencia organizada no marco do Foro Aero

Alumnado do campus achégase ao uso da tecnoloxía por parte da Garda Civil

A actividade contou coa participación de tres enxeñeiros deste corpo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • TIC
  • Académica
DUVI Ourense 06/11/2019

O Foro Aero, ciclo de conferencias divulgativas da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, celebrou este martes unha nova sesión, que nesta ocasión levou por título A Garda Civil e o desenvolvemento avanzado de software e control do espazo e estivo organizada en colaboración coa Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus. Nela abordáronse cuestións como a enxeñaría e tecnoloxía da información na Garda Civil, a administración electrónica para o ámbito da seguridade, a enxeñaría de software e desenvolvemento de proxectos e redes e administración de servidores en grandes centros de datos. Para falar destes temas achegáronse ao campus de Ourense os capitáns Jesús S. Cano, Emiliano Méndez e Roberto Cuesta, todos eles enxeñeiros. A actividade estivo coordinada polos profesores da Escola Superior de Enxeñaría Informática Manuel Pérez Cota e Pedro Cuesta.