Docentes, investigadores, fiscais, avogados, procuradores, visitadores médicos, técnicos, xefes de servizo e un longo etcétera de posibilidades profesionais son as que teñen os titulados universitarios en Dereito. Para coñecer de primeira man en que consiste realmente o traballo que se realiza nestes postos e que formación específica precisan para chegar a ocupalos, a Facultade de Dereito dedica este mércores e xoves as Xornadas San Raimundo de Peñafort do Curso 2012/2013 a falar do porvir que lles agarda aos novos egresados. A iniciativa está organizada pola Facultade de Dereito, a Delegación de Alumnos do centro, o Comité Universitario Campus Ourense CUCO e Xóvenes Estudantes de Ourense.
13/02/2013