DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A Universidade colabora co evento deportivo que terá lugar esta fin de semana

O Campionato de España de Ciclocross achegará máis de 800 deportistas ao campus

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 09/01/2020

O campus da Xunqueira e a illa das Esculturas converteranse esta fin de semana no circuíto no que se desenvolverá o Campionato de España de Ciclocross, unha cita conta xa con máis de 820 deportistas inscritos, o que o fará o máis numeroso dos disputados ata a data, segundo salientou a organización. Nove probas de diferentes categorías, ás que se suma por primeira vez unha de deporte adaptado, integran o programa do evento deportivo que se desenvolverá os días 11 e 12 de xaneiro e que este xoves foi presentado no Concello, nunha rolda de prensa que contou coa participación do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Federación Española de Ciclismo, José Luis López Cerrón; o presidente da Federación Galega, Juan Carlos Muñiz; o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e o deputado provincial Gorka Gómez. Respecto da colaboración cun evento que terá a súa saída e meta no campus, onde se instalarán tamén os diferentes servizos da organización, Souto salientou que responde “ao compromiso co deporte” da institución académica e lembrou que “con este tipo de evento reafirmarmos o fomento dos hábitos saudables, que forma parte da filosofía do campus”.