DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nel incorpora a imaxe do Bancos de Alimentos

O Campus Ourense Rugby aposta pola solidariedade no seu novo equipamento

A iniciativa foi presentada este venres no Pazo Provincial

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 24/07/2020

O Campus Ourense Rugby presentou este venres no Pazo Provincial de Ourense o equipamento que xogadoras e xogadores lucirán na vindeira tempada 2020/2021, tanto na división de honra B estatal como no resto de categorías e da escola de rugby do club. Nela apostarán pola solidariedade incorporando o logotipo da Federación Española de Bancos de Alimentos. O acto contou coa participación de José Luis Rey, presidente do Campus Ourense Rugby; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Cecilio Santalices, presidente do Banco de Alimentos de Ourense. Segundo explica en nota de prensa o órgano provincial, o presidente do Campus Ourense Rugby agradeceu o apoio das institucións e patrocinadores que colaboran “para que o equipo participe en todas as competicións nas que figura, desde a división de honra B, sendo o mellor equipo galego, e as demais categorías femininas e masculinas”, dixo José Luis Rey, que anunciou que o club creará unha fundación para levar adiante un equipo de rugby inclusivo e traballar en proxectos similares de impulso e difusión do rugby en institucións penitenciarias.