DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Busca compartir recursos para facer fronte á suspensión da docencia presencial

A Conferencia de Decanos de Educación promove unha estratexia conxunta para garantir a continuidade da formación

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Saúde
  • Institucional
DUVI Pontevedra 18/03/2020

A Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, da que forman parte Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, acordou desenvolver unha estratexia conxunta para garantir a continuidade dos procesos formativos trala suspensión da docencia presencial decretada para facer fronte á expansión da COVID-19. Nunha reunión de urxencia da súa comisión permanente, celebrada este luns, a conferencia acordou “establecer unha dinámica de traballo coordinado e cooperativo” para garantir a continuidade da docencia e “compartir todos os recursos que permitan, na medida do posible, a adquisición das competencias profesionais do estudantado dos títulos de Educación”. Nun comunicado, a Conferencia de Decanas e Decanos salienta a “capacidade de adaptación ás circunstancias sobrevidas” das diferentes facultades, ao tempo que sinala que “a maior dificultade” á que se enfrontan estas titulacións é o desenvolvemento das prácticas obrigatorias do alumnado en centros educativos.

Comunicado da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación