DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Esta fin de semana gañou a Syngenta Seis do Nadal

O equipo de baloncesto masculino continúa invicto

A categoría feminina de fútbol gaélico acadou unha vitoria fronte a Fillas de Breogán

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 10/02/2020

Despois de 13 xornadas de liga e tras gañar este sábado a Syngenta Seis do Nadal, o Universitario Campus Ourense de baloncesto masculino continúa invicto. Pola contra, a categoría feminina sumou unha nova derrota. Noutras modalidades deportivas, esta fin de semana tamén destaca a vitoria das xogadoras de fútbol gaélico contra Fillas de Breogán.

Desigual sorte en baloncesto, fútbol gaélico e rugby

Este sábado a categoría masculina do Universitario Campus Ourense de baloncesto gañou 79-42 a Syngenta Seis do Nadal. Con este resultado suma 13 vitorias, ningunha derrota e ningún empate no que vai de tempada, manténdose líder de grupo na primeira división masculina. Tamén o sábado as xogadoras de baloncesto perderon 91-44 contra Cia María Vigo.

En fútbol gaélico, as categorías masculina e feminina do Auriense Campus da Auga FG enfrontáronse o sábado ás súas homólogas de Fillos de Breogán. Nun partido moi disputado, as xogadoras ourensás gañaron por un marcador final de Auriense Campus da Auga FG 4-13 (25) vs 2-16 (22) Fillas de Breogán. Pola contra, os xogadores perderon 1-15 (18) fronte a 7-18 (39). Polo que respecta ao rugby, esta fin de semana, na liga galega, a categoría masculina do Campus Universitario Ourense de Rugby perdeu 15-32 fronte a RC Coreti Lalín.

Terceira xornada da liga de xadrez

Na terceira xornada da liga galega de xadrez disputada o sábado, o Universitario de Ourense acadou dúas vitorias e unha derrota. O seu equipo da primeira división perdeu na súa visita ao Laroca-Nigrán por 3,5-0,5, con derrotas de Manuel Álvarez, Antonio Fernández e Lino Hermida e táboas de Marcos Reza. Na segunda división, os ourensáns gañaron en Bande contra Attake Peonil por 0,5-3,5, con vitorias de Miguel Reza, José Javier Lamas e José Jaime González-Viso e táboas de José Antonio Álvarez. Xa en terceira división, o representante do campus de Ourense acadou unha vitoria en Xinzo de Limia contra Liceo Carlos Casares por 0-4, con vitorias de Nuel Vázquez, Sergio de Soto, Alejandro Garrido e Emilio Garrido.