DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O investigador do Cimar Marcos Rubal ofreceu unha conferencia na Ecimat

O mexillón como indicador dos efectos da actividade antropoxénica nas costas rochosas, protagoniza o Café con Sal

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Divulgación
  • Medio Ambiente
  • Investigación
DUVI 23/04/2019

O investigador do Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research (Ciimar, Portugal) Marcos Rubal presentou este martes, nunha nova sesión do ciclo Café con Sal, o proxecto ECOS-New tools to evaluate the ecological status of rocky shores and its relationship with ecosystem services, que ten o obxectivo de avaliar o estado ecolóxico da costa rochosa, empregando como indicadores o mexillón Mytilus galloprovincialis e a fauna sésil asociada.

Na súa exposición de hoxe no salón de actos da Ecimat, titulada Mussel beds. Much more than seafood, Rubal abordou os efectos da urbanización e dos movementos de area previos á temporada estival (aumento da extensión das praias), unha das accións nas que se centra o proxecto ECOS, que está financiado por fondos FEDER e a Fundação para a Ciência e a Tecnologia.

A vindeira cita, o 7 de maio 

O ciclo Café con Sal, que organiza o CIM, continuará o vindeiro martes 7 de maio co relatorio Interaction between waves and coastal structures: from coastal protection to energy generation do investigador do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo Alejandro Crespo.