DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Foi o colofón a actividade deportiva deste cuadrimestre no campus

A sesión solidaria de zumba contou coa participación de arredor de 60 persoas

As doazóns recollidas serán entregadas ao Banco de Alimentos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 18/12/2019

Como colofón á programación deportiva deste cuadrimestre, a Área de Benestar, Saúde de Deporte do campus de Ourense celebrou este martes unha Masterclass de Zumba de carácter solidario no pavillón de deportes universitario. Aberta a todas as persoas interesadas, a actividade, organizada en colaboración con AQA Ourense, contou coa participación de arredor de 60 persoas, tanto membros da comunidade universitaria como alleas a ela, e tres monitoras e monitores. O único requisito para participar foi a doazón por parte de cada persoa inscrita dun quilo de comida ou dun xoguete, que serán entregados ao Banco de Alimentos. Con este cariz solidario, a actividade quixo, ademais de fomentar a práctica do exercicio físico, incentivar o compromiso social.