Matrícula aberta ata o 19 de xaneiro

UVigo - Comunicación 09/01/2020

No segundo cuadrimestre, o Centro de Linguas impartirá formación de alemán, chinés, francés, inglés, persa, portugués, xaponés e español para estranxeiros. Os cursos están dirixidos tanto á comunidade universitaria coma ao público xeral.

As principais novidades deste cuadrimestre son o curso de iniciación ao xaponés, a inclusión dun obradoiro de cociña chinesa, un curso de alemán para os negocios e novos niveis de inglés.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 19 de xaneiro.

Centro de Linguas

 

Para máis información:

Centro de Linguas
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 250
centrodelinguas@uvigo.es