Volta á actividade presencial

UVigo - Comunicación 02/07/2020

 

 

7/9/2022

21/4/2022

18/2/2022

11/2/2022

4/2/2022

21/1/2022

17/1/2022

14/1/2022

5/1/2022

20/12/2021

24/10/2021

9/9/2021

6/9/2021

18/6/2021

11/6/2021

4/6/2021

28/5/2021

23/4/2021

12/3/2021

05/3/2021

26/2/2021

25/02/2021

17/2/2021

8/2/2021

5/2/2021

3/2/2021

29/1/2021

27/01/2021

25/01/2021

 
O comité clínico vén de establecer novas medidas ante o agravamento da situación da pandemia en Galicia. En todo momento, os equipos reitorais das universidade galegas estivemos informados da evolución e das medidas que cómpre tomar. 

No que atinxe á universidade, neste momento temos a seguinte situación:

  1. Remataremos de xeito presencial os exames que estaban previstos.
  2. Retrasaremos unha semana o inicio do segundo cuadrimestre. Este tempo servirá para organizar mellor a docencia, aínda que xa estaba preparado o plan de continxencias. Esperamos de novo que os centros dean o mellor de si para a organización óptima das actividades docentes en función das formulacións realizadas.
  3. A docencia do segundo cuadrimestre comezará no escenario virtual. Para estes efectos, publicarase unha resolución reitoral que aclare estes aspectos.

Estas medidas non consideran de momento o confinamento, polo que poderemos seguir acudindo aos postos de traballo, tanto o PDI coma o PAS, e non é preciso tomar medidas referidas á investigación, á transferencia e á xestión mais aló dos acordos xa tomados nas mesas de negociación do PDI e do PAS e á organización consensuada das actividades. 

Esperamos que, de novo, os membros da Universidade de Vigo volvan dar o mellor de si para que esta situación desfavorable non produza efectos negativos nas actividades universitarias. Todos e todas somos conscientes das dificultades coas que nos imos a atopar, pero sabemos que somos quen de acada o éxito nas nosas obrigas.

 

No mes de marzo de 2020, a covid-19 cambiou as nosas vidas e obrigounos a tomar medidas para garantir a continuidade da actividade docente. Desde un modelo que ten como eixo a presencialidade, nun tempo récord redeseñamos o nosos espazos de aprendizaxe, fortalecemos as nosas ferramentas de teledocencia e lanzamos Campus Remoto, o xemelgo virtual da nosa institución con 3 campus, 35 edificios, 2773 despachos e 1400 aulas. 

Na Universidade de Vigo encaramos o curso 2020/2021 cunha aposta firme pola presencialidade e a protección da saúde e da seguridade do noso estudantado e do noso persoal. 

Para garantir que te poidas formar sempre nas mellores condicións, reforzamos e desenvolvemos un modelo de docencia mixta o máis semellante posible á presencial. Cando a túa presenza nos campus non sexa posible polo número de estudantes ou polo tamaño das aulas, a través de Campus Integra poderás seguir as clases tanto desde a aula como desde a túa casa e interactuar co profesorado e cos teus compañeiros e compañeiras.

Pese ás restricións derivadas da pandemia, segundo o acordado nas sesións do Consello de Goberno do 1 e do 28 de xullo de 2020, no mes de setembro levaranse a cabo diferentes actividades nos centros e arrincarán dun xeito presencial distintos graos e mestrados.

 

22/1/2021

21/1/2021

18/12/2020

7/12/2020

4/12/2020

27/11/2020

20/11/2020

13/11/2020

10/11/2020

6/11/2020

30/10/2020

27/10/2020

25/10/2020

22/10/2020

7/10/2020

6/10/2020

5/10/2020

2/10/2020

1/10/2020

30/9/2020

18/09/2020

17/9/2020

15/9/2020

14/9/2020

11/9/2020

9/9/2020

7/9/2020

4/9/2020

3/9/2020

2/9/2020

28/7/2020

6/7/2020

2/7/2020

Abrimos este novo apartado no portal institucional para mantervos informados de todas as novidades relacionadas coa volta á actividade presencial na nosa universidade.

Poderedes acceder a toda a información e á documentación publicada con motivo da situación xerada pola covid-19 entre o 27 de febreiro e o 1 de xullo de 2020 premendo na seguinte ligazón:

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
viccom@uvigo.gal