Acceso a másters

Para o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario as e os aspirantes deberán reunir algún dos seguintes requisitos:

  1. A posesión dun título universitario oficial de Graduada ou Graduado español ou equivalente é condición para acceder a un Máster Universitario, ou no seu caso, dispor doutro título de Máster Universitario, ou títulos do mesmo nivel que o título español de Grao ou Máster expedidos por universidades e institucións de educación superior dun país do EEES que en dito país permita o acceso aos estudos de Máster.
  2. De igual modo, poderán acceder a un Máster Universitario do sistema universitario español persoas en posesión de títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de Grao, sen necesidade de homologación do título, pero sí de comprobación por parte da universidade do nivel de formación que implican, sempre e cando no país onde se expedira dito título permita acceder a estudos de nivel de posgrao universitario. En ningún caso o acceso por esta vía implicará a homologación do título previo do que dispoña a persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de realizar os estudos de Máster.

Neste caso as persoas aspirantes deberán presentar a correspondente solicitude de equivalencia do título, no momento de formalizar a matrícula, xunto co resto da documentación requiridarequerida para efectuar dita matrícula. Así mesmo, no momento de formalizar a matrícula deberá proceder ao pagamento dos prezos públicos de equivalencia establecidos, tras o que se emitirá a correspondente resolución reitoral de equivalencia.

A resolución que desestime a equivalencia dos estudos estranxeiros cursados a efectos do ingreso nos estudos de posgrao, implicará a anulación de cantos actos se deriven da matrícula.

Ver másters

Matrícula másters


 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.es