Acceso a másters

Para o acceso aos estudos oficiais de mestrado universitario as persoas aspirantes deberán reunir algún dos seguintes requisitos:

  1. A posesión dun título universitario oficial de graduada ou graduado español ou equivalente é condición para acceder a un mestrado universitario, ou no seu caso, dispor doutro título de mestrado universitario, ou títulos do mesmo nivel que o título español de grao ou mestrado expedidos por universidades e institucións de educación superior dun país do EEES que en dito país permita o acceso aos estudos de mestrado.
  2. De igual modo, poderán acceder a un mestrado universitario do sistema universitario español persoas en posesión de títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalan ao título de grao, sen necesidade de homologación do título, pero sí de comprobación por parte da universidade do nivel de formación que implican, sempre e cando no país onde se expedira dito título permita acceder a estudos de nivel de posgrao universitario. En ningún caso o acceso por esta vía implicará a homologación do título previo do que dispoña a persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de realizar os estudos de mestrado.

Neste caso as persoas aspirantes deberán presentar a correspondente solicitude de equivalencia do título, no momento de formalizar a matrícula, xunto co resto da documentación requiridarequerida para efectuar a dita matrícula. Así mesmo, no momento de formalizar a matrícula deberá proceder ao pagamento dos prezos públicos de equivalencia establecidos, tras o que se emitirá a correspondente resolución reitoral de equivalencia.

A resolución que desestime a equivalencia dos estudos estranxeiros cursados para os efectos do ingreso nos estudos de posgrao, implicará a anulación de cantos actos se deriven da matrícula.

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.es