Programa de maiores
O programa de maiores ofrece dous itinerarios, o ciclo intensivo e o ciclo integrado:
Ciclo intensivo
Poderán solicitar a preinscrición neste ciclo as persoas maiores de 55 anos nos prazos establecidos na convocatoria
Se a demanda supera a oferta de prazas o sistema de elección será por orde de presentación da solicitude. Se quedasen prazas sen cubrir, poderase admitir alumnado con idades inferiores a 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.
Documentación
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte
A inscrición formalizarase en liña na seguinte ligazón.
Ciclo integrado
Poderán formalizar a inscrición no ciclo integrado aquelas persoas que teñan superado o ciclo intensivo ou aquelas persoas que estean en posesión de calquera titulación oficial universitaria e teñan unha idade igual ou superior a 50 anos nos prazos establecidos na convocatoria.
Documentación
- Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte, de non presentalo con anterioridade ou existir algunha variación de datos.
- En caso de acceder cunha titulación universitaria deberá documentarse dita titulación.
A inscrición formalizarase online na seguinte ligazón.