Certificación para a subscrición do convenio especial coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social
A Orde ISM/386/2024, do 29 de abril (BOE do 1 de maio) establece as condicións, o prazo e o procedemento para a subscrición do convenio especial previsto no apartado 8 da disposición adicional 52.ª do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, para poder computar a cotización polos períodos de prácticas formativas e de prácticas académicas externas realizadas con anterioridade á súa entrada en vigor.
A citada orde foi modificada pola Orde ISM/812/2024, do 26 de xullo (BOE do 1 de agosto), co obxecto de revisar determinados aspectos normativos que suscitaron dúbidas para a súa aplicación polos axentes implicados. Concretamente, un dos aspectos modificados refírese á certificación que, para os efectos da subscrición do convenio especial coa Tesouraría da Seguridade Social, debe expedir a Universidade para a acreditación dos períodos formativos realizados pola persoa solicitante.
Co fin de proporcionar as instrucións oportunas que permitan levar a cabo o proceso de emisión dos certificados de modo adecuado na Universidade de Vigo e de atender as solicitudes que presenten as persoas interesadas en subscribir o convenio especial coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social regulado na Orde ISM/386/2024, do 29 de abril, inclúense a continuación as instrucións para a emisión da certificación acreditativa da realización de prácticas académicas externas e o modelo de certificado para formalizar.
- Instrución conxunta da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade e a Secretaría Xeral para a emisión da certificación acreditativa da realización de prácticas académicas externas para os efectos da subscrición do convenio
especial coa Tesourería Xeral da Seguridade Social regulado na Orde ISM/386/2024, do 24 de abril - Modelo de certificado para os efectos da subscrición do convenio especial coa Seguridade Social
Prácticas formativas con dereito a certificación
Prácticas académicas externas
- Remuneradas, realizadas con anterioridade ao 1 de novembro de 2011.
- Non remuneradas, realizadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024.
Outras prácticas formativas
- Participación nun proxecto de investigación.
- Bolsas de formación en centros/servizos da universidade, realizadas con anterioridade ao 1 de novembro de 2011.
- Bolsas do programa Erasmus+ prácticas.
Estadías formativas sen dereito a subscrición do convenio coa Seguridade Social
- Estadías ao abeiro dun PFC/TFG/TFM
- Estadías ao abeiro do programa Erasmus estudos.
- Bolsas de colaboración en departamentos do Ministerio.